Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

venres, 26 de xuño de 2020



Chegamos ó fin deste atípico curso 2019-2020. Moitas grazas por confiar en nós e que pasedes un moi bo verán CON SENTIDIÑO!!!! Vémonos en setembro!!!



venres, 19 de xuño de 2020



Escoitamos a canción "La vaca Lola"?@s nen@ encántalles!!!!

martes, 9 de xuño de 2020



Facemos un Caleidoscopio??? 
Mirade que sinxelo é e que ben o imos pasar!!!

xoves, 4 de xuño de 2020








Boas Familias!
Debido á situación actual, dende Política Social nos indican que non se vai volver ás aulas ata o novo curso académico (1 de setembro). Polo tanto, durante a vindeira semana imos proceder a entregarvos tanto os obxectos personais como o material de aula (2-3 anos) d@s vos@ fill@s, que será con cita previa.

Os días de recollida serán:
0-2 ANOS: Luns 8 Xuño
2-3 ANOS: Martes 9 Xuño

Para facer esta entrega temos que seguir as medidas establecidas por Sanidade, polo tanto, debedes acudir ó centro respectando ditas pautas:

-1 persoa por familia
- Con mascarilla
-Respectar o distanciamento social

Ademais, pedímosvos puntualidade porque sodes varias familias as que ides acudir ó centro.
Se algunha familia non pode vir á cita proposta debe poñerse en contacto coa secretaría do centro (986 303032) e concertar outra cita previa para realizar a recollida do material de forma segura.

Un saúdo, as educadoras.

mércores, 3 de xuño de 2020



Esta semana na pestana English podedes atopar a canción "Colors".

martes, 2 de xuño de 2020



Aquí van unhas ideas para facer actividades de motricidade c@s nen@s.

venres, 29 de maio de 2020



Bos días!!! Comezamos a semana e o mes facendo este simpático dragón??? Que vos parece??? Pois ánimo e mans á obra!!!



Para rematar a semana, escoitaremos o conto de "Garbanciño" que é o conto deste trimestre.

xoves, 28 de maio de 2020


Seguimos traballando a motricidade con estas actividades tan sinxelas!!!


mércores, 27 de maio de 2020



Hoxe na pestana English atoparedes a canción "Walking in the jungle"

martes, 26 de maio de 2020



Xogamos as escuras??? Veredes que ben o pasades descubrindo os tesouros!!!

luns, 25 de maio de 2020



Ola, bos días!!! Hoxe escoitamos o conto "Veo veo" de Kalandraca.


venres, 22 de maio de 2020



Hoxe imos traballar a motricidade fina c@s nen@s, mirade de que forma máis sinxela!!!

xoves, 21 de maio de 2020



Escoitamos un conto? Pois ahí vai o conto "Violín" de Kalandraka

mércores, 20 de maio de 2020



Hoxe mércores podedes atopar a canción "Bingo" na pestana ENGLISH

martes, 19 de maio de 2020



Hoxe propoñémosvos unha acctividade sinxela para reciclar todos esos cartóns de caixas de cereais e rolos de papel de cociña. Mirade que ven o podedes pasar construindo  e logo xogando con este xogo de aros. A divertirse!!!

luns, 18 de maio de 2020



Para comezar esta semana que mellor que facer un bote da calma!!!

venres, 15 de maio de 2020



Hoxe 15 de Maio é o día das familias asi que:
 FELIZ DÍA FAMILIAS!!!!

 


Mirade cómo podedes traballar na casa con macarróns, platelina e palliñas. Ánimo que @s nen@s pasarano moi ben!!!

xoves, 14 de maio de 2020



Conto "El pez arcoíris". Disfrutádeo!!!

mércores, 13 de maio de 2020



Hoxe na pestana English podedes atopar a canción: "One little finger"

martes, 12 de maio de 2020



Unha nova actividade para traballar a motricidade d@s nen@s.

luns, 11 de maio de 2020



Bos días e mellor inicio de semana. Hoxe propoñémosvos "Un libro interactivo".

venres, 8 de maio de 2020



Mirade que actividade máis sinxela cos guantes, que todo o mundo nesta época que nos tocou vivir, temos na casa.

xoves, 7 de maio de 2020



Xogamos con globos??? Ahí van algunhas ideas:




mércores, 6 de maio de 2020



Hoxe na pestana de English podedes atopar a canción:"Five little monkeys". Let´s go!!!!


martes, 5 de maio de 2020



Tedes unha hucha na casa e uns paliños? Pois mirade que actividade máis sinxela podedes facer c@s vos@ fill@s.


luns, 4 de maio de 2020



Comezamos outra semana máis. Ánimo que xa queda menos para superar esta crise sanitaria!!! Hoxe queremos que escoitedes o conto: A galiña vermella. Disfrutádeo!!!!

xoves, 30 de abril de 2020



Mirade o que podemos facer na casa con un pouco de fariña e un globo: GLOBOS SENSORIAIS DE FARIÑA!!! 
Animádeos a facelo!!!!

mércores, 29 de abril de 2020



Os mércores xa sabedes o que nos toca: un pouquiño de English!!!!! Ide a pestana para escoitar a canción: "The Laughing Song". Let´s go!!!

martes, 28 de abril de 2020



Tedes na casa vasos de plástico ou papel? Pois mirade que ideas máis divertidas e sinxelas para facer con eles!!!!!







luns, 27 de abril de 2020



Bos días!!! Hoxe luns queremos que vexades un conto que lles gusta moito @s nen@s da escola: "Miau" de Kalandraka. Disfrutádeo!!!

venres, 24 de abril de 2020




Hoxe toca un pouco de motricidade con cousas que todos temos na casa.

xoves, 23 de abril de 2020



Hoxe 23 de Abril é o día mundial do libro e, para festexalo, poñémosvos o conto do elefante Elmer. Disfrutádeo!!!!

mércores, 22 de abril de 2020



Xa é mércores tódolos mércores, toca un pouquiño de English. Ide a pestana para escoitar a canción de hoxe: "Bath Song"


martes, 21 de abril de 2020



Facemos plastelina???? Ánimo que é moi sinxelo!!!

luns, 20 de abril de 2020



Bos días! Que tal a finde? Esperamos que tod@s esteades moi ben. Aquí van unhas ideas de actividades para facer c@s nen@s durante estes días de confinamento.


venres, 17 de abril de 2020



Non tedes pintura na casa para pintar? Non vos preocupedes, aquí tedes a solución!!!

 

xoves, 16 de abril de 2020



Hoxe gustaríanos que escoitásedes en famila o conto 
"A mellor sopa do mundo!"

 

mércores, 15 de abril de 2020



Hoxe é mércores e, coma tódolos mércores, toca un pouco de English. Así que xa podedes ir a pestana para escoitar a canción "The wheels on the bus". Bye-bye!!!

 

martes, 14 de abril de 2020



Ola, que tal?? Como pasástedes esta longa fin de semana? Esperamos que tod@s sigades moi ben. Para hoxe propoñémosvos unha actividade moi divertida para xogar en familia: facer neve artificial!!!

mércores, 8 de abril de 2020



Hoxe xa podedes atopar na pestana ENGLISH o recopilatorio do ben que o pasaron nas clases de inglés deste segundo trimestre.

 

martes, 7 de abril de 2020



Hoxe propoñémosvos escoitar o conto e a canción "Adiviña canto te quero". Ata mañá!!!


luns, 6 de abril de 2020




Tedes pinzas e pompóns na casa? Pois aquí tedes dúas actividades moi sinxelas para traballar a motricidade c@s vos@s fill@s.


 

xoves, 2 de abril de 2020




Como temos moito papel na casa, que tal se pasamos este confinamento facendo animaliños con eses rolos que nos sobran???

mércores, 1 de abril de 2020



Hoxe como é mércores toca un pouquiño de inglés, así que xa podedes atopar na pestana ENGLISH a canción "If you´re happy".

 

martes, 31 de marzo de 2020



Queridas familias,  xa queda menos para voltar a vernos, bicarnos e apertarnos!!! Moito ánimo!!!


luns, 30 de marzo de 2020




Bos días!!! Como levamos esta corentena??? Hoxe recomendámosvos este conto con canción que tanto lles gosta @s vos@ fill@s.

 

venres, 27 de marzo de 2020





Xogamos ás escuras?????

 

xoves, 26 de marzo de 2020



Hoxe propoñémosvos unha serie de actividades para facer cos máis cativos.
 
 

mércores, 25 de marzo de 2020



Na pestana de CONTOS podedes atopar o conto "O MONSTRUO DE CORES E O CORONAVIRUS". Disfrutádeo!!!!

 


Na pestana ENGLISH xa podedes atopar unha nova canción en inglés: Walking-walking!!!

martes, 24 de marzo de 2020



MOMENTOS (0-1 ANOS)

 


Propoñémosvos un xogo para combatir ó noso inimigo c@s máis pequen@s:

luns, 23 de marzo de 2020



Bos días!!!! Comeza unha nova semana de corentena, así que aquí tendes un vídeo para xogar c@s nen@s en familia.

 

mércores, 18 de marzo de 2020



Hoxe toca un pouquiño de inglés!!!! A teacher Ali quere que escoitedes a canción Hello!! How are you? e o conto do patiño feo en English!!! Ide a pestana English e alí poderedes atopalos!!! 










 

martes, 17 de marzo de 2020



@s nen@s de 2-3 anos están traballando, como sabedes, este trimestre o conto do PATIÑO FEO. Xa podedes ver na pestana CONTOS a versión dixital de este conto tan popular.

 


Bos días!!! Que mellor forma de comezar o día que cunha canción de benvida!!! Xa podedes atopar a canción "Hola, hola" que tanto nos gusta cantar e bailar na Escola infantil na pestana CANCIÓNS.




luns, 16 de marzo de 2020



Nestes días que nos tocou vivir, imos poñer no blog cancións, contos e ideas para facer c@s nen@s. 
Aquí tedes un experimento sinxelo para que lle ensinedes @s nen@ por que hai que lavarse as mans moi ben.


 


Xa podedes ver que ben o pasaron Lucas e Kilian con Púas na pestana de Púas!!!

 

luns, 9 de marzo de 2020



OBRADOIRO DA AUGA (2-3 ANOS)

 

xoves, 5 de marzo de 2020



Xa podedes ver na pestana de Púas o ben que o pasou con Valeria e Inés esta fin de semana pasada!!!

 

mércores, 4 de marzo de 2020



MOMENTOS (0-2 ANOS)

 

xoves, 27 de febreiro de 2020



Esta fin de semana de Entroido, Púas foi de festa ás casas de Marina e Daniela. Se queredes ver todo o estas nenas lle ensinaron, íde á páxina de Púas a velo!!!!

 

luns, 24 de febreiro de 2020


Festa do Entroido na Escola Infantil

 

xoves, 20 de febreiro de 2020



XOVES DE ENTROIDO: OS INDIOS!!! (0-2 ANOS)

 


ENTROIDO (2-3 ANOS)

 

mércores, 19 de febreiro de 2020



MÉRCORES DE ENTROIDO (0-2 ANOS)

 


PREPARANDO O ENTROIDO (0-2 ANOS)
 
 


SOMOS MÉDICOS  2ª PARTE (2-3 ANOS)

 


Desta vez tocoulles a Iria e a Iago pasar a fin de semana con Púas. Mirádeos na súa pestana!!!!

 

martes, 18 de febreiro de 2020



SOMOS MÉDICOS 1ª PARTE (2-3 ANOS) 

 


MARTES DE ENTROIDO (0-2 ANOS)

 

luns, 17 de febreiro de 2020



ENTROIDO (0-2 ANOS)

 Esta semana celebramos na Escola Infantil o Entroido. 
Este luns tocou os mofletes colorados. 
Queredes ver que guap@s estamos?

 

luns, 10 de febreiro de 2020



Esta fin de semana, Púas visitou as casas de Daniel e Elisa. Ide a pestana de Púas para ver que ben o pasaron!!!!

 


MOMENTOS (0-2 ANOS)

 


APROVEITANDO O BO TEMPO (2-3 ANOS)

 

xoves, 6 de febreiro de 2020



OBRADOIRO MOVEMENTO (2-3 ANOS)

 


RECUNCHOS (2-3 ANOS)

 

mércores, 5 de febreiro de 2020



Esta fin de semana Púas visitou as casas de Beltrán e Martín. Se queredes ver que ben o pasaron, ide a pestana de Púas!!!!