Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial. Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos. Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s. Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,... Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s. Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.
Púas xa comezou a súa andaina polas casas d@s nen@s da escola infantil. Esta semana tocoulles a Eva e a Leo. Queredes ver que nos trouxeron na súa caixa máxica e como o pasaron con Púas???
Pois ide a enriba, a pestana de Púas, para sabelo!!!!
Ningún comentario :
Publicar un comentario