Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

venres, 29 de maio de 2020



Para rematar a semana, escoitaremos o conto de "Garbanciño" que é o conto deste trimestre.

xoves, 28 de maio de 2020


Seguimos traballando a motricidade con estas actividades tan sinxelas!!!


mércores, 27 de maio de 2020



Hoxe na pestana English atoparedes a canción "Walking in the jungle"

martes, 26 de maio de 2020



Xogamos as escuras??? Veredes que ben o pasades descubrindo os tesouros!!!

luns, 25 de maio de 2020



Ola, bos días!!! Hoxe escoitamos o conto "Veo veo" de Kalandraca.


venres, 22 de maio de 2020



Hoxe imos traballar a motricidade fina c@s nen@s, mirade de que forma máis sinxela!!!

xoves, 21 de maio de 2020



Escoitamos un conto? Pois ahí vai o conto "Violín" de Kalandraka