Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

martes, 31 de marzo de 2020



Queridas familias,  xa queda menos para voltar a vernos, bicarnos e apertarnos!!! Moito ánimo!!!


luns, 30 de marzo de 2020




Bos días!!! Como levamos esta corentena??? Hoxe recomendámosvos este conto con canción que tanto lles gosta @s vos@ fill@s.

 

venres, 27 de marzo de 2020





Xogamos ás escuras?????

 

xoves, 26 de marzo de 2020



Hoxe propoñémosvos unha serie de actividades para facer cos máis cativos.
 
 

mércores, 25 de marzo de 2020



Na pestana de CONTOS podedes atopar o conto "O MONSTRUO DE CORES E O CORONAVIRUS". Disfrutádeo!!!!

 


Na pestana ENGLISH xa podedes atopar unha nova canción en inglés: Walking-walking!!!

martes, 24 de marzo de 2020



MOMENTOS (0-1 ANOS)

 


Propoñémosvos un xogo para combatir ó noso inimigo c@s máis pequen@s:

luns, 23 de marzo de 2020



Bos días!!!! Comeza unha nova semana de corentena, así que aquí tendes un vídeo para xogar c@s nen@s en familia.

 

mércores, 18 de marzo de 2020



Hoxe toca un pouquiño de inglés!!!! A teacher Ali quere que escoitedes a canción Hello!! How are you? e o conto do patiño feo en English!!! Ide a pestana English e alí poderedes atopalos!!! 










 

martes, 17 de marzo de 2020



@s nen@s de 2-3 anos están traballando, como sabedes, este trimestre o conto do PATIÑO FEO. Xa podedes ver na pestana CONTOS a versión dixital de este conto tan popular.

 


Bos días!!! Que mellor forma de comezar o día que cunha canción de benvida!!! Xa podedes atopar a canción "Hola, hola" que tanto nos gusta cantar e bailar na Escola infantil na pestana CANCIÓNS.




luns, 16 de marzo de 2020



Nestes días que nos tocou vivir, imos poñer no blog cancións, contos e ideas para facer c@s nen@s. 
Aquí tedes un experimento sinxelo para que lle ensinedes @s nen@ por que hai que lavarse as mans moi ben.


 


Xa podedes ver que ben o pasaron Lucas e Kilian con Púas na pestana de Púas!!!

 

luns, 9 de marzo de 2020



OBRADOIRO DA AUGA (2-3 ANOS)

 

xoves, 5 de marzo de 2020



Xa podedes ver na pestana de Púas o ben que o pasou con Valeria e Inés esta fin de semana pasada!!!

 

mércores, 4 de marzo de 2020



MOMENTOS (0-2 ANOS)