Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

xoves, 30 de abril de 2020



Mirade o que podemos facer na casa con un pouco de fariña e un globo: GLOBOS SENSORIAIS DE FARIÑA!!! 
Animádeos a facelo!!!!

mércores, 29 de abril de 2020



Os mércores xa sabedes o que nos toca: un pouquiño de English!!!!! Ide a pestana para escoitar a canción: "The Laughing Song". Let´s go!!!

martes, 28 de abril de 2020



Tedes na casa vasos de plástico ou papel? Pois mirade que ideas máis divertidas e sinxelas para facer con eles!!!!!







luns, 27 de abril de 2020



Bos días!!! Hoxe luns queremos que vexades un conto que lles gusta moito @s nen@s da escola: "Miau" de Kalandraka. Disfrutádeo!!!

venres, 24 de abril de 2020




Hoxe toca un pouco de motricidade con cousas que todos temos na casa.

xoves, 23 de abril de 2020



Hoxe 23 de Abril é o día mundial do libro e, para festexalo, poñémosvos o conto do elefante Elmer. Disfrutádeo!!!!

mércores, 22 de abril de 2020



Xa é mércores tódolos mércores, toca un pouquiño de English. Ide a pestana para escoitar a canción de hoxe: "Bath Song"


martes, 21 de abril de 2020



Facemos plastelina???? Ánimo que é moi sinxelo!!!

luns, 20 de abril de 2020



Bos días! Que tal a finde? Esperamos que tod@s esteades moi ben. Aquí van unhas ideas de actividades para facer c@s nen@s durante estes días de confinamento.


venres, 17 de abril de 2020



Non tedes pintura na casa para pintar? Non vos preocupedes, aquí tedes a solución!!!

 

xoves, 16 de abril de 2020



Hoxe gustaríanos que escoitásedes en famila o conto 
"A mellor sopa do mundo!"

 

mércores, 15 de abril de 2020



Hoxe é mércores e, coma tódolos mércores, toca un pouco de English. Así que xa podedes ir a pestana para escoitar a canción "The wheels on the bus". Bye-bye!!!

 

martes, 14 de abril de 2020



Ola, que tal?? Como pasástedes esta longa fin de semana? Esperamos que tod@s sigades moi ben. Para hoxe propoñémosvos unha actividade moi divertida para xogar en familia: facer neve artificial!!!

mércores, 8 de abril de 2020



Hoxe xa podedes atopar na pestana ENGLISH o recopilatorio do ben que o pasaron nas clases de inglés deste segundo trimestre.

 

martes, 7 de abril de 2020



Hoxe propoñémosvos escoitar o conto e a canción "Adiviña canto te quero". Ata mañá!!!


luns, 6 de abril de 2020




Tedes pinzas e pompóns na casa? Pois aquí tedes dúas actividades moi sinxelas para traballar a motricidade c@s vos@s fill@s.


 

xoves, 2 de abril de 2020




Como temos moito papel na casa, que tal se pasamos este confinamento facendo animaliños con eses rolos que nos sobran???

mércores, 1 de abril de 2020



Hoxe como é mércores toca un pouquiño de inglés, así que xa podedes atopar na pestana ENGLISH a canción "If you´re happy".