Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

martes, 19 de maio de 2020



Hoxe propoñémosvos unha acctividade sinxela para reciclar todos esos cartóns de caixas de cereais e rolos de papel de cociña. Mirade que ven o podedes pasar construindo  e logo xogando con este xogo de aros. A divertirse!!!

Ningún comentario :

Publicar un comentario