Hai un lugar no que o sol, a lúa e as estrelas brillan cunha luz moi especial.
Un lugar no que se agochan grandes tesouros: os bicos que lanzamos ó ar, as bágoas que saen dos nosos ollos, os suspiros e os sorrisos compartidos.
Un lugar que ten unha fonte na que se poden recoller caldeiros de cores cos que pintar follas de outono, flores, xeados de sabores e o sorriso d@s nen@s.
Un lugar no que @s nen@s convírtense en xigantes, en ananos, en bruxas, en piratas,...
Ese lugar tan máxico é a nosa escola infantil e os seus habitantes son @s vos@s fill@s.
Se queres coñecer un pouco máis dese lugar, entra e participa neste blog.

venres, 26 de xuño de 2020



Chegamos ó fin deste atípico curso 2019-2020. Moitas grazas por confiar en nós e que pasedes un moi bo verán CON SENTIDIÑO!!!! Vémonos en setembro!!!



Ningún comentario :

Publicar un comentario